O pasado sábado día 13 de abril, levouse a cabo na Praia de Area Maior de Malpica – A Coruña, a 1ª proba open de surf do Circuito Galego, proba clasificatoria para a Final do Campeonato de España 2013.
A proba dou comezo con retraso, dadas as previsions de ondeaxe pouco favorables. A medida que foi avanzando o día as condicions foron mellorando e os participantes souberon desenvolverse perfectamente. Destacamos a participación de Juan Diaz dende Cantabria, de Pedro Mendez de Asturias e de Craig Bishop dende California.
A proba en xeral foi un éxito, con un día onde brillou o sol a mais non poder e onde disfrutamos de empanada de pulpo. Tanto a organización como o equipo de xuices fixeron un traballo excelente e grazas aos colaboradores nesta proba, TSP, Tenda de surf Stockton de Malpica, Coca-cola, Bar JB de Malpica, Concello de Malpica, Panadería Forno Novo de Malpica, entre outros, todo foi un éxito rotundo.
O publico estaba expectante nesta competición onde os riders fixeron manobras que foron aplaudidas toda a tarde do sábado. Houbo moita riña na manga de finales surf open masculino, nesta manga disputaronse o titulo Diego Alvarez (A Coruña), Luis Ansin (Pontevedra), Luis Rodriguez (Ferrol), Pablo Montero (A Coruña). Por outra banda, incorporouse nesta primeira proba open de surf, a categoría Master a cal tivo moito éxito, a sua manga tamen foi moi discutida na final con Derick Rey (Pontevedra), Alberto Reimunde (Oleiros), Chumi Garcia (Lugo) e o californiano Craig Bishop. Agradecer a este último a sua participación no evento.
Os resultados foron os seguintes:
Open Masculino:
1º Luis Ansin (Pontevedra)
2º Diego Alvarez (A Coruña)
3º Luis Rodriguez (Ferrol)
4º Pablo Montero (A Coruña)
Open Femenino:
1º Erika Franco (Ferrol)
2º Paula Paz Fraga (A Coruña)
3º Lucia Cantero (Pontevedra)
4º Ana Hernandez (A Coruña)
Master Masculino
1º Alberto Reimunde (Oleiros)
2º Derick Rey (Pontevedra)
3º Chumi Garcia (Lugo)
4º Drek Bishop (California)
A seguinte proba open de surf do Circuito tera lugar o día 22 de Xuño no areal de Pantin, concello de Valdoviño, proba clasificatoria para a Final de España 2013. Esperamos ver a todos os riders nesa proba.
No hay comentarios:
Publicar un comentario